Artista:
galería  artistas
  José Ortiz

Sospeito que a  miña inicial afición polo debuxo e a talla non é allea á influencia do meu pai, a quén coñecín animando de óleos un lenzo ou iluminando papel á acuarela. Así, cando a  chamada da Natura levoume á facultade de Biolóxicas xa tallaba bastante ben.

Axiña chamoume a salvaxe chamada da Natura – polo que se ve,  non a entendera-   e levoume directamente ó monte  (ós montes, que hai de varios tipos).

Da talla en madeira pasei á carpintería e a ebanistería pero antes aprendin a tallar azibache e pedra na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago. Do debuxo pasei a deseño en donde colleitei alguns premios. Da arte á artesanía levando á práctica deseños propios e, outras veces, facendo deseños para outros artesáns.

Para aforrarme o currazo de tallar un  modelo en madeira ou pedra recurrín á fundición en bronce, e a miña afición ó muido levoume á fundición de pequenas pezas en prata e .... non exactamente  xoieria.

Co debuxo fago carteis, logotipos, tarxetas de visita, planos de cousas ou deseños, ilustración dalgún libro,...

Coa pintura e a escultura recollín algúns premios e algunha beca pero como son un pouco tocapelotas no me fan sitio de bó grado donde se corta o bacallao. O do sexo é porque  caín na marmita cando era pequeno. Non fago exposicións porque  dame vergonza, así que vivo .... de milagre.

Obra

BB1U9906

E8H0202

MUJER01
 

© 2004- 2008  Arte Bronce Fundición. Todos los derechos reservados.