ARTE BRONCE FUNDICIÓN reforza o seu compromiso co medio ambiente grazas a nova instalación fotovoltaica para autoconsumo de electricidade.
Esta nova instalación de enerxía solar, aportará o 50% do consumo enerxético da empresa dun xeito totalmente limpo evitando a emisión de 7 toneladas de CO2 cada ano.
Esta instalación contou con unha subvención do 45% do INEGA. A axuda está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 4
(favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores), prioridade de investimento 4.1, obxectivo específico 4.1.1
(Aumentar a proporción no consumo final de enerxía das fontes renovables para produción de electricidade).