Memoria

A Fundación Xoán Piñeiro iniciou a súa andaina no ano 1999, coa presentación pública o 16 de Marzo.

O 9 de Decembro fai a inauguración pública dunha praza en Vigo co nome de Xoán Piñeiro, a colocación dun relieve feito polo artista Manolo Buciños e unha réplica do Autorretrato de Xoán Piñeiro, ámbalas dúas pezas doadas pola Fundación.

Seguidamente inicia o traballo de ampliación dos seus fondos coa doación de obras orixinais de artistas, con pezas singulares, que precisamente van ser as que lle den o contido que a Fundación establece nos seus fins, cara a poder consolidar o proxecto de creación do Museo de Escultura en Galicia. Realiza a súa primeira convocatoria no ano 2000 coa I Bolsa de Traballo e Investigación en fundición, (artista seleccionado José Ortiz coa obra “Quijada de Caín”) realizada nas instalacións da propia fundición e o I Premio de Escultura coa exposición dos seleccionados no Museo Quiñones de León en Vigo (declarado polo xurado deserto nesta edición).

No 2002 realizase unha homenaxe a Xavier Pousa, falecido 0 9 de decembro do 2000 e membro fundador da Fundación Xoán Piñeiro. Esta homenaxe tivo lugar o 8 de xaneiro no Centro Cultural de Caixa Nova en Vigo coa participación de personalidades vinculadas a súa trayectoria social e artística. A Fundación editou un libro coas intervencións e un DVD que recolle en directo a presentación.

© 2004- 2008  Arte Bronce Fundición. Todos os dereitos reservados.