Memoria elaborada a partires das Actas aprobadas polo Padroado na primeira xuntanza do día 10 de Decembro de 1998 e segunda xuntanza do día 16 de Xaneiro de 1999.
COMPOSICIÓN DO PADROADO:
- Presidenta: Carmen Álvarez Carrera
- Vicepresidente: Jesús Vázquez González
- Secretaria: Mª Cruz Piñeiro Álvarez - Directora da Fundación
- Vocal: Carmen Gloria Piñeiro Álvarez
- Vocal: Belén Piñeiro Álvarez
- Vocal: Marta Piñeiro Álvarez
- Vocal: Ricardo Fernández Castro
- Vocal: Blanca Caamaño González
- Vocal: Manuel García de Buciños
- Vocal: Xose Luis Méndez Ferrin
- Vocal: Manuel Núñez Rodríguez
- Vocal: Francisco Fernández del Riego
Quedou establecida a incorporación en calidade de Presidentes de Honor dos respectivos alcaldes dos Concello de Tomiño, Cangas e Vigo, pola vinculación que o artista tivo con estas tres vilas, e precisamente para romper co factor localista en relación ó lugar donde se ubica a Fundación.
Dacordo cos fins explicitados na escritura pública dos seus Estatutos, a Fundación Xoán Piñeiro contempla como primordiais dentro das súas actividades, aquelas que incentiven a aparición de novos valores no campo da escultura, facendo a tal obxecto unha convocatoria anual de PREMIO DE ESCULTURA XOÁN PIÑEIRO, coas bases que a tal efecto se determinen.
Trátase con este premio, de estimular e axudar a aqueles artistas que se atopen con dificultades de promoción e inicio nun campo artístico de difícil e prolongada aprendizaxe.
Do mesmo xeito, e coa mesma filosofía, establécese UNHA BOLSA DE TRABALLO E INVESTIGACIÓN EN TÉCNICAS DE FUNDICIÓN, coa posibilidade de iniciarse nun campo artístico hoxe moi segmentado, pouco accesible, costoso e privativo, permitindo ó artista combinar traballo creativo e personal coa experimentación en técnicas de gran versatilidade e innovación.
A prolongación de esta actividade en proxectos de participación e colaboración con artistas e, mesmo entre eles, vai ser unha ferramenta básica para avanzar na línea de coñecemento e experimentación en novas experiencias creativas. |